Protocolo de acoso para o persoal docente no marco do Plan de Igualdade: envía as túas achegas

Pedimos achegas ao borrador do protocolo de acoso no marco do Plan de Igualdade do persoal docente. Un proceso que chega tarde, tras casos que tiveron que acabar na xustiza, e no que é clave garantir unha protección real do profesorado. Envíanos as túas propostas!

A xustiza condena á Consellería por incumprir a prevención de riscos nun caso de acoso laboral

Informamos de que unha sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Vigo estima a demanda presentada a través dos servizos xurídicos de CCOO Ensino por dúas docentes afiliadas e declara que a Consellería de Educación incumpriu as súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais ante unha denuncia de acoso laboral. A resolución condena (en primeira instancia) a … Ler máis