
CCOO Ensino esiximos máis transparencia e acceso á información nos concursos de provisión de postos e nas oposicións docentes
Coincidindo co inicio do prazo do Concurso Xeral de Traslados, desde CCOO Ensino presentamos unha reclamación ante a Consellería para esixir maior transparencia e acceso á información nos concursos de provisión de postos e nos procedementos selectivos docentes. Reclamamos garantías para defender os dereitos do profesorado e exercer eficazmente o noso labor de control sindical.

Folga xeral do 11 de novembro: coñece os teus dereitos
O 11 de novembro está convocada unha folga xeral de 24 horas. Desde CCOO explicamos os dereitos do persoal universitario antes, durante e despois da xornada: comunicación previa, servizos mínimos, teletraballo, piquetes informativos, descontos salariais e protección fronte ás represalias.

Servizos mínimos para a folga do ensino concertado: denunciamos a proposta abusiva da Consellería de Educación
Denunciamos a proposta abusiva de servizos mínimos da Consellería para a folga do 10N no ensino concertado e esiximos unha negociación real na mesa tripartita.






