CCOO Ensino esixe avances reais en prevención e arrinca compromisos á Consellería no Comité Intercentros

CCOO Ensino volveu situar no Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral, celebrado o 24 de setembro, varias das principais demandas que vimos trasladando en materia de prevención. A nosa intervención permitiu concretar compromisos e actuacións da Consellería, pero tamén puxo de manifesto importantes cuestións que seguen sen unha resposta suficiente.