CCOO valora o esforzo da nova proposta do Goberno de suba salarial para as empregadas e empregados públicos, que agora temos que estudar

O Executivo elevou dun 10 % a un 11 % a proposta de aumento de soldo e emprázanos a unha nova reunión o luns 24 de novembro para seguir negociando esta e outras materias que debe recoller o novo acordo plurianual.

No Día do Ensino celebramos a reapertura de negociacións co Ministerio

Desde CCOO Ensino celebramos neste Día do Ensino en Galicia que a presión sindical exercida onte, 30 de outubro, por CCOO, UGT e CSIF en todo o Estado obrigase ao Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública a reabrir as negociacións. As concentracións diante do Ministerio e das subdelegacións do Goberno en todas as provincias amosaron o malestar crecente das traballadoras e traballadores públicos ante a parálise das negociacións e o deterioro xeneralizado dos servizos públicos.

CCOO, UGT e CSIF convocarán folga en decembro se Función Pública segue sen negociar a suba salarial

O 30 de outubro comezan as protestas en toda España, cunha concentración fronte ás subdelegacións de Goberno e o Ministerio de Función Pública en Madrid.
O Goberno utiliza como escusa a falta de Presupostos para conxelar o soldo ás empregadas e os empregados públicos e bloquear un novo acordo salarial.

Reprochámoslle ao ministro de Función Pública a súa inacción e apremámolo a retomar o diálogo ou tomaremos medidas

CCOO, UGT e CSIF advertimos ao ministro de Función Pública, Óscar López, da grave parálise e da ausencia de diálogo coas organizacións sindicais, que representan máis do 80 % do persoal público. Reclamamos retomar de inmediato a negociación para abordar asuntos urxentes como o emprego, os salarios e a calidade dos servizos públicos, e avisamos de que, de non haber resposta, adoptaremos as medidas necesarias.