Chamamos á participación do persoal de apoio educativo nas mobilizacións convocadas por CCOO, CSIF e UGT ante a deriva autoritaria, os recortes e o desprezo á negociación colectiva da Xunta de Galicia

CCOO Ensino chamamos o persoal de apoio educativo a participar nas mobilizacións convocadas por CCOO, CSIF e UGT contra os recortes, a deriva autoritaria e o desprezo da Xunta á negociación colectiva.

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF celebran o paso pola Mesa Sectorial das novas medidas de mellora do ensino público galego

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF valoramos positivamente o inicio do paso pola Mesa Sectorial das primeiras medidas derivadas da comisión de seguimento do Acordo de mellora do ensino público. As propostas permitirán aplicar novos avances no curso 2026/27.

Reprochámoslle ao ministro de Función Pública a súa inacción e apremámolo a retomar o diálogo ou tomaremos medidas

CCOO, UGT e CSIF advertimos ao ministro de Función Pública, Óscar López, da grave parálise e da ausencia de diálogo coas organizacións sindicais, que representan máis do 80 % do persoal público. Reclamamos retomar de inmediato a negociación para abordar asuntos urxentes como o emprego, os salarios e a calidade dos servizos públicos, e avisamos de que, de non haber resposta, adoptaremos as medidas necesarias.