Toda a información da Mesa Sectorial do 29 de outubro

Hoxe, 29 de outubro de 2026, celebrouse a Mesa Sectorial docente non universitaria sobre o concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas e o concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación. Tamén se tratou o borrador da Orde de 2026 pola que se establecen os centros e os postos cualificados de especial dificultade. Consulta a intervención de CCOO Ensino e as respostas da Administración.

CCOO Ensino rexeita as limitacións ás actividades complementarias e reclama respecto pola autonomía dos centros

Na Mesa Sectorial celebrada no día de hoxe, desde CCOO Ensino manifestamos a nosa oposición ás novas instrucións da Consellería para o curso académico 2026/27. Consideramos que supoñen unha inxerencia innecesaria na autonomía organizativa e pedagóxica dos centros, que son quen mellor coñecen as necesidades do seu alumnado.

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF celebran o paso pola Mesa Sectorial das novas medidas de mellora do ensino público galego

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF valoramos positivamente o inicio do paso pola Mesa Sectorial das primeiras medidas derivadas da comisión de seguimento do Acordo de mellora do ensino público. As propostas permitirán aplicar novos avances no curso 2026/27.