CCOO esixe ao Ministerio un calendario real e recursos suficientes para garantir a redución das ratios e a mellora das condicións do profesorado

CCOO é a organización que, co seu traballo e propostas, está a conseguir os avances e melloras actuais, pero debemos acadar máis.
Moitas das reivindicacións de CCOO derivan directamente do Acordo sobre medidas de mellora asinado en Galicia, no que seguimos traballando para o seu completo desenvolvemento, ao tempo que intensificamos as negociacións a nivel estatal para conseguir progresos máis ambiciosos e duradeiros.

Proposta de x­ornada e ‘ratios’: un avance insuficiente

O Ministerio retoma a negociación cunha proposta que incorpora algunhas demandas de CCOO, pero que segue sendo insuficiente ante un sistema educativo tensado e un profesorado exhausto. Esiximos medidas máis ambiciosas e aplicables de inmediato para reducir ratios, garantir unha xornada homoxénea e mellorar as condicións laborais do persoal docente.

18/23 horas lectivas: un avance que reforza o Acordo galego e marca o camiño para completar as melloras pendentes

CCOO Ensino valora como un avance relevante o anuncio feito hoxe polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de levar a lei un máximo de 23 horas lectivas en Primaria e 18 horas lectivas en Secundaria, Bacharelato e resto de ensinanzas, así como a baixada de ratios e a redución da burocracia, con inicio de aplicación xa no curso 2026-27 e negociación coas organizacións sindicais e coas comunidades autónomas.

A Consellería dá marcha atrás na súa intención de subir as ratios máximas de cara ao curso 25-26

As organizacións asinantes do “Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal” – CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP – queremos trasladar á comunidade educativa a nosa posición ante as informacións recibidas nos últimos días sobre a posible vulneración das ratios máximas establecidas no devandito Acordo por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Solicitude conxunta de reunión coa dirección xeral de educación

Os sindicatos UGT-SP e CCOO solicitamos con urxencia un encontro co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellaría de Educación para abordar as seguintes cuestións:

🔴 Implementación do Acordo de Xubilación Parcial na ensinanza concertada.

🔴 Análise da situación do persoal docente nos centros con exceso de ratio.