Reclamamos que a redución da xornada lectiva e das ratios chegue tamén ao persoal do ensino concertado

CCOO Ensino reclamamos que a redución da xornada lectiva e das ratios chegue tamén ao persoal do ensino concertado. A Federación de enseñanza de CCOO rexistrou unha petición para que estes avances se estendan a todos os centros sostidos con fondos públicos.

A Lei sobre xornada lectiva e ratios inicia o seu trámite parlamentario

A Lei sobre a xornada lectiva do profesorado e as ratios inicia o seu trámite parlamentario tras a súa aprobación no Consello de Ministras e Ministros. Trátase dun avance relevante, froito da presión e do traballo negociador de CCOO, aínda que insuficiente: seguimos reclamando un Estatuto Docente integral que mellore as condicións laborais e o recoñecemento do profesorado.

Convocamos a todas as traballadoras e traballadores do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3) a unha folga en todo o estado o 7 de maio

Esta folga será o punto de partida dunha serie de mobilizacións que confluirán en Madrid o vindeiro 23 de maio. As Federacións estatais de Ensino e de Servizos á Cidadanía de CCOO presentamos en conferencia de prensa un plan de mobilizacións de ámbito estatal para o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos), tanto nos centros de carácter privado como … Ler máis

A Consellería de Educación debe abrir xa unha mesa de negociación para o persoal non docente

O persoal non docente é imprescindible para o funcionamento dos centros educativos, pero continúa sen o recoñecemento nin as condicións laborais que lle corresponden. CCOO Ensino presentamos por rexistro a solicitude de apertura dunha mesa de negociación para abordar de forma global as súas demandas e adaptar as condicións á realidade actual dos centros.

Resumo da Mesa Sectorial estatal sobre o Anteproxecto de Lei de Xornada e Ratios

A Mesa Sectorial estatal sobre o anteproxecto de lei de xornada e ratios rematou sen cambios de fondo respecto do xa coñecido nos grupos de traballo.

A proposta recolle avances como a baixada progresiva de ratios, a redución da xornada lectiva máxima e a contabilización dobre do alumnado con NEE, pero desde CCOO consideramos que segue sendo insuficiente.

Reclamamos que tamén conte dobre todo o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, unha aplicación máis rápida da baixada de ratios, máis recursos de orientación e apoio especialista, e medidas urxentes para mellorar as condicións laborais do profesorado.

Convocada a Mesa Sectorial Docente o 12 de marzo

CCOO Enseñanza buscará a mellora do anteproxecto que se abordará no próximo encontro.

Convén lembrar que algunhas das medidas propostas xa están en marcha en Galicia grazas ao “Acordo sobre medidas de mellora” (le tamén a Addenda de febreiro de 2026).
En CCOO traballamos para obter melloras reais por medio da negociación tanto co Ministerio a nivel estatal como coa Consellería a nivel autonómico.