Grazas á presión continua de CCOO, seguimos avanzando na reivindicación do Estatuto Docente para mellorar as condicións do profesorado.
Xa foi aprobada no Consello de Ministras e Ministros e inicia agora o seu trámite parlamentario a Lei sobre a xornada lectiva do profesorado e as ratios, unha norma que afecta directamente ás nosas condicións laborais e á calidade da educación. O proxecto de lei é froito da presión e do traballo negociador de CCOO, pero queremos moito máis e seguimos traballando por un Estatuto Docente integral. Con todo, trátase dun paso adiante importante.
É necesario estender a redución das ratios a todas as etapas e ensinanzas (desde o primeiro ciclo de Infantil ata o Bacharelato e a FP) e, especialmente, onde hai máis dificultades. Por iso, a medida de que o alumnado con necesidades educativas especiais compute dobre a efectos de ratio é fundamental, pero debería estenderse a estudantes con calquera necesidade específica e ao alumnado repetidor. Ademais, quen teña calquera dificultade debe ter dereito a apoio de especialistas, e os centros deben contar cun cadro de persoal suficiente para iso.
Esta lei precisa ser mellorada e aprobada, pero debe completarse con máis medidas que melloren todas as condicións laborais e de recoñecemento do profesorado: A1 e suba de nivel, xubilación anticipada e gratificada para todas, redución da sobrecarga e da burocracia, saúde laboral docente e atención aos riscos psicosociais, entre outras cuestións fundamentais.

