Sen grandes cambios, pese ás recomendacións realizadas polo Consello Escolar do Estado.
A proposta de Anteproxecto de Lei non tivo grandes cambios desde os grupos de traballo, a pesar das recomendacións do Consello Escolar do Estado.
Que temos ata agora sobre xornada e ratios:
- Redución progresiva das ratios cun máximo de 22 en Infantil e Primaria, e 25 en Secundaria, máis a redución extra que poidan establecer as CC. AA.
- Nun prazo de 6 meses modificarase o Real Decreto de Requisitos Mínimos dos centros para baixar as ratios no resto das etapas.
- Establécese que o Goberno desenvolverá indicadores para centros que deban ter maiores recursos.
- O Goberno regulará, mediante unha norma específica sobre diversidade e inclusión, as dotacións mínimas de apoios especialistas asociadas.
- Contabilización dobre de todo o alumnado con NEE a efectos de ratio en todos os cursos de todas as etapas desde o curso 2026-2027.
- Aínda que un centro non poida desdobrar grupos fisicamente, dotarase do profesorado adicional como se se tivese producido o desdobramento.
- Xornada lectiva máxima do profesorado de 23 períodos en Infantil e Primaria e de 18 no resto das ensinanzas, con efecto para o próximo curso, podendo establecer as CC. AA. unha maior redución.
Que falta, segundo CCOO, neste anteproxecto de lei de xornada e ratios:
- Que todo o alumnado con calquera necesidade específica de apoio educativo, incluíndo a compensación educativa e a desvantaxe social, conte dobre a efectos de ratio, e non só o alumnado con NEE. E que o alumnado repetidor tamén contabilice.
- Que o calendario da baixada xeral de ratios sexa máis rápido.
- Que se reduza a ratio do primeiro ciclo de Educación Infantil, de Educación Especial, dos grupos mixtos, da escola rural, da educación de persoas adultas e de todos os ciclos da FP e do resto de ensinanzas.
- Que se estableza que o alumnado con calquera NEAE estea asociado a unha maior dotación de recursos especialistas.
- Que se establezan incrementos na Rede de Orientación.
- Que se regule de forma ampla o que se considera lectivo, para unha adecuada aplicación nas distintas administracións educativas e para posibilitar maiores reducións horarias, como a redución adicional de lectivas para o profesorado maior de 55 anos.
Queremos que esta norma vaia ao Congreso, se aprobe e se aplique canto antes, pero tamén queremos que se complete co resto de cuestións urxentes para o profesorado:
- A1 e subida de nivel para todos os corpos docentes.
- Xubilación específica docente anticipada e gratificada para todas.
- Regulación da saúde laboral docente, con especial atención aos riscos psicosociais.
- Redución da burocracia e da sobrecarga de traballo.
- Revisión dos procesos de ingreso e acceso.
- Formación permanente en horario laboral.
Esiximos na mesa que todas estas cuestións se aborden de forma inmediata, nos grupos de traballo e nos ministerios afectados por estas reformas.
CCOO, como sindicato capaz de influír en todos os ámbitos, estaremos moi presente durante a tramitación parlamentaria para presionar e evitar que queden sen aprobar melloras fundamentais para o profesorado.
Seguiremos presionando en todos os ámbitos e por todos os medios.
Apoia as reivindicacións de CCOO en: estatutodecente.ccoo.es
Xuntas conseguirémolo!

