Día do PAE. Imprescindible para a calidade educativa

O 16 de maio celebramos o Día Internacional do Persoal de Apoio Educativo, unha data para recoñecer o labor imprescindible das profesionais que sosteñen cada día os centros educativos. Desde CCOO Ensino reclamamos á Consellería máis persoal, mellores condicións, estabilidade e a apertura dunha mesa específica de negociación para o PAE.

Convocamos a todas as traballadoras e traballadores do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3) a unha folga en todo o estado o 7 de maio

Esta folga será o punto de partida dunha serie de mobilizacións que confluirán en Madrid o vindeiro 23 de maio. As Federacións estatais de Ensino e de Servizos á Cidadanía de CCOO presentamos en conferencia de prensa un plan de mobilizacións de ámbito estatal para o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos), tanto nos centros de carácter privado como … Ler máis

A Consellería de Educación debe abrir xa unha mesa de negociación para o persoal non docente

O persoal non docente é imprescindible para o funcionamento dos centros educativos, pero continúa sen o recoñecemento nin as condicións laborais que lle corresponden. CCOO Ensino presentamos por rexistro a solicitude de apertura dunha mesa de negociación para abordar de forma global as súas demandas e adaptar as condicións á realidade actual dos centros.

Negociación do convenio do ensino concertado: é o momento

A federación estatal de ensino de CCOO organizou unhas xornadas sindicais de traballo con presenza de representantes de todos os territorios do Estado, co fin de realizar unha análise de situación, necesidades, perspectivas e propostas de traballo no ámbito do ensino concertado.