O Goberno confirma que a suba salarial do 4,5 % está garantida para máis de tres millóns de empregadas e empregados públicos

O Goberno confirma a suba salarial do 4,5 % para o persoal empregado público en 2027. CCOO esixe a aprobación urxente dun real decreto lei que garanta a súa aplicación desde xaneiro e o cumprimento do resto dos compromisos pactados.

Negociación do convenio do ensino concertado: é o momento

A federación estatal de ensino de CCOO organizou unhas xornadas sindicais de traballo con presenza de representantes de todos os territorios do Estado, co fin de realizar unha análise de situación, necesidades, perspectivas e propostas de traballo no ámbito do ensino concertado.

Reprochámoslle ao ministro de Función Pública a súa inacción e apremámolo a retomar o diálogo ou tomaremos medidas

CCOO, UGT e CSIF advertimos ao ministro de Función Pública, Óscar López, da grave parálise e da ausencia de diálogo coas organizacións sindicais, que representan máis do 80 % do persoal público. Reclamamos retomar de inmediato a negociación para abordar asuntos urxentes como o emprego, os salarios e a calidade dos servizos públicos, e avisamos de que, de non haber resposta, adoptaremos as medidas necesarias.