CCOO non asina as táboas salariais á baixa que afectan ao PAS nas categorías máis baixas
A proposta patronal supón unha absorción dos complementos e non resolve a situación do PAS, desvirtuando as subas reais do SMI.
A proposta patronal supón unha absorción dos complementos e non resolve a situación do PAS, desvirtuando as subas reais do SMI.
Na xuntanza da Comisión Paritaria do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego do 11 de marzo acordouse actualizar as táboas salariais para o ano 2025, cun incremento salarial do 2,80%.
As organizacións patronais negáronse a asinar as táboas salariais 2023 para o pago delegado. As organizacións sindicais lamentamos esta clara deixación da súa responsabilidade na negociación colectiva.