CCOO non asina as táboas salariais á baixa que afectan ao PAS nas categorías máis baixas

A proposta patronal supón unha absorción dos complementos e non resolve a situación do PAS, desvirtuando as subas reais do SMI.

CCOO non asina a proposta patronal para táboas salariais do VII Convenio Colectivo de Ensino Concertado, na que o PAS do ensino concertado queda nunha situación fóra dos mínimos esenciais e que non respecta a equidade dos salarios.

A revisión salarial centrouse nestas categorías, xa que as táboas salariais do persoal docente xa foran fixadas pola Administración.

CCOO reitera a súa posición respecto ao persoal das categorías PAS, as máis vulnerables en termos salariais, insistindo na nosa posición respecto ao que debería suceder:

  1. Que ningunha categoría co salario base estea por debaixo do SMI en vigor.
  2. Que exista proporcionalidade na remuneración nas distintas categorías.

FSIE, USO e UGT, finalmente, asinaron onte, 26 de marzo, unhas táboas salariais para o persoal de administración e servizos nas que o SMI non equivale a salario base; aceptaron un parche da patronal que permite que a túa antigüidade se evapore.

A proposta patronal supón unha absorción dos complementos e non resolve a situación, desvirtuando as subas reais do SMI.

Isto significa que, por exemplo, con dous trienios supoña unha perda adquisitiva de máis de 50 euros mensuais, é dicir 700 euros anuais nas categorías máis baixas.

CCOO mantívose firme na negociación, propoñendo unha solución salarial que represente as verdadeiras necesidades das persoas traballadoras.