O sindicato lamenta que as posicións iniciais do resto das organizacións sobre o SMI non se mantivesen, sen defender a revalorización digna dos salarios do sector.
CCOO non apoia a proposta de sinatura das táboas salariais para os anos 2024 e 2025 por insuficiente. Dita proposta impacta negativamente nas categorías máis desfavorecidas. Trasladamos a nosa desconformidade á Mesa Negociadora e esiximos unha revalorización digna dos salarios do PAS do ensino concertado.
Desde CCOO mantemos que o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) debe corresponder ao salario base para evitar a absorción dos complementos, especialmente o de antigüidade. Todo o demais é un mero parche que non soluciona os problemas do sector.
A proposta patronal mantén a idea dun complemento de 15 € para quen ten un trienio, máis 10 € para quen ten dous trienios, e están por debaixo do SMI. O que supón unha absorción dos complementos e non resolve a situación, desvirtuando as subas reais do SMI.
Isto significa que, por exemplo, con dous trienios supón unha perda adquisitiva de máis de 50 € mensuais nas categorías máis baixas.
O resto das organizacións sindicais que propoñían a inclusión do SMI no salario base finalmente aceptaron a proposta patronal e emprazáronse para a sinatura o vindeiro día 26 de marzo.
Desde CCOO lamentamos que as posicións iniciais do resto das organizacións sobre o SMI non se mantivesen, sen defender a revalorización digna dos salarios do sector. Non obstante, trasladaremos a proposta aos distintos territorios.

