Ante as noticias que están publicando nos medios de comunicación sobre a xubilación parcial anticipada do persoal laboral no sector público, desde a Área Pública de CCOO e a Federación de Servizos Públicos de UGT comunican que, desde a publicación do RDL 11/2024 para a mellora da compatibilidade da pensión de xubilación co traballo, as dúas organizacións traballaron denodadamente para lograr unha solución.
UGT e CCOO esperamos que o Goberno contemple a singularidade do sector público, que se recupere a inmediatez da xubilación vinculada a unha praza na Oferta de Emprego Público e se limite a interinidade neste período, garantindo á súa vez a adecuación á nova regulación da xubilación parcial e a mellora da calidade do emprego que a define.
Ademais, os sindicatos lembran que está pendente a implantación da xubilación parcial anticipada do persoal funcionario e estatutario.
CCOO e UGT esperan que “en breve se poida acadar un acordo e por fin se dea unha solución sobre a xubilación parcial no sector público, como se ten no sector privado”.

