Esiximos ao Ministerio de Defensa a formalización inmediata da adxudicación dos seus centros de educación infantil

Demandamos ao Ministerio de Defensa que poña fin aos atrasos na adxudicación dos centros de educación infantil, garanta a subrogación do persoal e permita aplicar desde o 1 de decembro as melloras salariais para as educadoras infantís.

Trasladámoslle ao conselleiro as reivindicacións do persoal do ensino concertado

CCOO Ensino trasladamos ao conselleiro de Educación as reivindicacións do persoal do ensino concertado no Encontro de Educadoras e Educadores celebrado en Santiago.