As organizacións sindicais lamentamos esta negativa.
As organizacións patronais negáronse a asinar as táboas salariais 2023 para o pago delegado argumentando que hai dúas Comunidades Autónomas (Aragón e Murcia) que non aboaron a suba adicional do 1% e non se comprometeron por escrito a facelo. Alegan tamén que non foron publicados por parte do Ministerio de Educación os novos módulos de 2023.
Para as organizacións sindicais, é unha clara deixación da súa responsabilidade na negociación colectiva en favor de que as Administracións públicas fagan o que lles corresponde a elas.
Os sindicatos manifestamos:
- Que as táboas se poden asinar perfectamente no día de hoxe porque:
- hai normativa legal suficiente para facelo,
- a porcentaxe de suba é coñecida desde hai tempo,
- o Ministerio de Educación xa comunicou na reunión da Mesa Sectorial do pasado 19 de xuño, que NON está obrigado a publicar os novos módulos de 2023 tal e como ditamina a Avogacía do Estado e non os vai publicar.
- Agardar a que todas as Comunidades Autónomas fagan efectiva a suba salarial e que logo se asinen as táboas, como di a patronal, incumpre o convenio colectivo e vulnera a negociación colectiva.
Tamén fixemos constar en acta que a patronal se negou a introducir na orde do día da reunión de hoxe, pese a telo solicitado os catro sindicatos, a negociación das táboas salariais para 2024 que afectan a todos os traballadores do sector e que, con independencia de que o Ministerio publique ou non os módulos de 2024, hai xa publicada normativa legal suficiente para comezar a negociación.
Aínda que os sindicatos insistiron en que as táboas foran asinadas hoxe, as patronais mantiveron a súa negativa.
Os sindicatos tomaremos as decisións que consideremos oportunas para defender aos traballadores e o pactado en convenio colectivo.
Comunicado conxunto das organización sindicais CCOO, FSIE, FEUSO e UGT (castelán)