Esiximos a rectificación inmediata da orde de confección de nóminas

Desde CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP Ensino queremos manifestar a nosa indignación ante a orde de confección de nóminas, publicada en DOG o luns, 15 de xullo, que non recolle o incremento salarial do 2% nos complementos retributivos acordados. Consideramos inadmisible que esta suba quede absorbida pola sinatura do Acordo de Medidas de Mellora, constituíndo un claro incumprimento por parte da Consellería de Educación. Ante esta situación, acudiremos á vía xudicial para garantir o cumprimento íntegro do Acordo asinado.

Podes ler o comunicado completo aquí.