A Consellería rectifica e aboará o 2 % de suba na totalidade de conceptos da nómina xa no mes de xullo
Tras a denuncia formulada o mércores 17 de xullo polos sindicatos asinantes do Acordo, a Administración recoñeceu o seu erro, comprometéndose a incorporar a suba do 2 % en todos os conceptos da próxima nómina a percibir, correspondente á mensualidade de xullo.