CCOO Ensino denuncia o caos organizativo nas tomas de posesión dos procesos de estabilización da Xunta de Galicia

A falta de planificación da Consellería de Educación pon en risco a cobertura de servizos esenciais nos centros educativos en pleno curso escolar. CCOO Ensino denuncia publicamente a falta de planificación e organización da Xunta de Galicia na xestión das tomas de posesión derivadas dos procesos de estabilización convocados en 2022, que afectan especialmente ao persoal de limpeza e cociña … Ler máis

Denunciamos a improvisación da Xunta na elección de destinos tras anos de atraso na estabilización

Denunciamos a falta de rigor da Xunta na elección de destinos do persoal estabilizado, tras publicar unha resolución con erros que terá que ser rectificada. Reclamamos información fiable, tempo suficiente e un procedemento claro e con garantías.

A Xunta traslada ao persoal do PAE as présas acumuladas durante anos nos procesos de estabilización

A Administración concede só tres días para realizar electronicamente unha elección de destinos para determinar o posto definitivo das persoas afectadas, despois de anos de atraso na resolución dos procesos de estabilización.

CCOO logra desbloquear a xubilación parcial do persoal laboral das administracións públicas

O Real decreto-lei aprobado polo Goberno permitirá recuperar a xubilación parcial para o persoal laboral das administracións públicas, tamén no ámbito educativo: universidades, persoal de apoio educativo e profesorado de Relixión.