Denunciamos a improvisación da Xunta na elección de destinos tras anos de atraso na estabilización

Denunciamos a falta de rigor da Xunta na elección de destinos do persoal estabilizado, tras publicar unha resolución con erros que terá que ser rectificada. Reclamamos información fiable, tempo suficiente e un procedemento claro e con garantías.