Denunciamos a improvisación da Xunta na elección de destinos tras anos de atraso na estabilización

Denunciamos a falta de rigor da Xunta na elección de destinos do persoal estabilizado, tras publicar unha resolución con erros que terá que ser rectificada. Reclamamos información fiable, tempo suficiente e un procedemento claro e con garantías.

A Xunta traslada ao persoal do PAE as présas acumuladas durante anos nos procesos de estabilización

A Administración concede só tres días para realizar electronicamente unha elección de destinos para determinar o posto definitivo das persoas afectadas, despois de anos de atraso na resolución dos procesos de estabilización.

Toda a información da comisión de persoal do 8 de maio de 2026

CCOO votou en contra das propostas de convocatorias tratadas na comisión de persoal ordinaria do 8 de maio ao non aceptarse as alegacións presentadas sobre o sistema selectivo, a promoción interna separada, a ampliación de prazos e o carácter eliminatorio dalgunhas probas.

CCOO pide prudencia tras o pronunciamento do TXUE sobre o abuso de temporalidade no sector público e reclama unha resposta legal efectiva

A xustiza europea volve cuestionar que o ordenamento español dispoña de medidas realmente eficaces, disuasorias e proporcionadas fronte ao abuso na contratación temporal.
CCOO mantén que a solución de fondo esixe unha reforma normativa clara, que adapte plenamente o noso sistema ás esixencias do Dereito da Unión Europea.

Publicada a orde pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron as Oposicións 2023 de estabilización

Hoxe publícase no DOG a Orde do 27 de xuño de 2024 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro, e outros.