Publicada a orde pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron as Oposicións 2023 de estabilización

Hoxe publícase no DOG a Orde do 27 de xuño de 2024 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro, e outros.

Datas, horas e lugares en que se fará a presentación da primeira parte da proba do concurso-oposición

‌ Acto de presentación: 22 de xuño de 2023 ás 9:00 (todos os tribunais excepto Ruso de Escola de Idiomas). De asistencia obrigatoria. ‌ Consulta na Resolución as datas, horas e lugares da realización da primeira proba e, se é o caso, do exercicio práctico. ‌Web da Consellería ‌ CONSULTA TODA A INFORMACIÓN DAS OPOSICIÓNS 2023

Publicada resolución pola que se exclúen das oposicións ás persoas que obteñen praza no concurso extraordinario de méritos

‌ Resolución ‌ Web da consellería Tal e como anunciamos tralas reunións técnicas coa Subdirección Xeral de Recursos Humanos, as persoas que obteñen praza no concurso de méritos non poden presentarse ao concurso-oposición por non cumprir os requisitos da convocatoria, xa que se atopan pendentes do nomeamento como funcionarios de carreira. Si poderán presentarse ao concurso-oposición aquelas persoas que se presenten a especialidades de … Ler máis

Publicado o sorteo dos tribunais para as oposicións 2023

Publicado o resultado do sorteo dos docentes que serán vogais dos tribunais das oposicións. As presidencias dos tribunais anunciaranse máis adiante. ‌ Tribunais do corpo de mestres ‌ Tribunais do corpo de secundaria e outros ‌ Causas de concesión de suplencia ‌ Causas de abstención e recusación Calquera solicitude de suplencia, abstención, exención ou recusación debe presentarse ante a presidencia do tribunal, despois de … Ler máis

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do concurso-oposición 2023

Publicación das listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de ensino secundario, especialistas en sectores singulares da FP, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño e de mestres. Prazo de reclamacións: dende o mércores 15 de marzo ata o martes 28 de marzo (ambos incluídos). ‌ Listaxe provisional de persoas admitidas ‌ Listaxe provisional … Ler máis

Novidades nos partes de baixa a partir do 1 de abril de 2023

  • A persoa traballadora non terá que presentar parte de baixa, alta nin confirmación á empresa a partir do 1 de abril de 2023 por baixas inferiores a un ano. A empresa ou a mutua realizarán as xestións oportunas de maneira telemática e inmediata coa Seguridade Social.
  • Real Decreto 1060/2022, de 27 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración
  • Toda a información, en PDF