Publicada resolución pola que se exclúen das oposicións ás persoas que obteñen praza no concurso extraordinario de méritos

‌ Resolución

‌ Web da consellería

Tal e como anunciamos tralas reunións técnicas coa Subdirección Xeral de Recursos Humanos, as persoas que obteñen praza no concurso de méritos non poden presentarse ao concurso-oposición por non cumprir os requisitos da convocatoria, xa que se atopan pendentes do nomeamento como funcionarios de carreira.

Si poderán presentarse ao concurso-oposición aquelas persoas que se presenten a especialidades de corpos diferentes dos que conseguen acceso no concurso extraordinario de méritos.

‌ CONSULTA TODA A INFORMACIÓN DAS OPOSICIÓNS 2023