Convocado o concurso-oposición de 2023
Consulta a resolución que anuncia a convocatoria no DOG. O prazo de solicitudes será entre o 10 e o 30 de xaneiro de 2023.
Consulta a resolución que anuncia a convocatoria no DOG. O prazo de solicitudes será entre o 10 e o 30 de xaneiro de 2023.
Logo da reunión mantida co Ministerio de Educación e Formación Profesional, o pasado 10 de novembro, e tras se confirmar que as diferentes partidas dos módulos de concertos educativos se incrementarán adicionalmente nun 1,5 % para 2022, CCOO solicitou, xunto co resto de organizacións sindicais, a convocatoria da mesa negociadora para actualizar as táboas salariais deste ano. Hai que lembrar que … Ler máis
Unha de cada catro persoas perde o seu traballo no Ensino Privado durante as vacacións de verán. CCOO denuncia que o período estival supuxo de novo a perda de miles de empregos no sector do ensino privado, e alerta de que agosto finalizou cun descenso de persoas afiliadas á Seguridade Social do 26,76% con respecto ao mes de maio, porcentaxe superior ao 24,23% correspondente ao mesmo período de 2020.
Tras a denuncia do X Convenio Colectivo realizada en solitario por CCOO a finais de 2020, o pasado 8 de xuño constituíuse a mesa negociadora do XI Convenio. A representación sindical quedou configurada da seguinte maneira: USO 27,78 % CCOO 24,68 % FSIE 24,29 % UXT 23,25 % O obxecto da nosa denuncia era evitar que a inacción doutras organizacións sindicais nos levase a … Ler máis
CCOO acabamos de presentar un estudo á Consellería de Educación no que se conclúe que a implantación da xubilación parcial no ensino concertado é plenamente viable, tal e como xa reflectía o estudo que remitimos en 2019, e o que agora presentamos actualizado. Seguen vixentes todas as razóns que avalaban a súa aplicación inmediata: Non hai razóns legais que … Ler máis
O Tribunal Supremo (TS), por mor da demanda interposta no seu momento por CCOO, ampliou os supostos de nulidade do artigo 17 do X Convenio Colectivo que a sentenza ditada o 11 de febreiro de 2019 pola Audiencia Nacional. Así, o contrato de obra e servizo non se poderá utilizar nos seguintes supostos: – Impartir materias non contempladas nos novos … Ler máis
CCOO reclamamos a vacinación das persoas non dependentes da Administración pero que prestan servizos para ela traballando en centros educativos (comedores, extraescolares, transporte…). Estas persoas realizan idéntico traballo, teñen idéntico risco de exposición e, polo tanto, idéntico risco de contaxio que compañeiros dependentes da Administración que si foron incluídos nos grupos de risco e recibiron a vacina. Non é aceptable que a protección da saúde estea suxeita a un criterio tan arbitrario.
Xa fomos condenados con salarios e condicións laborais e económicas máis precarias como consecuencia da externalización e privatización de servizos; agora engádeselle a de menor protección e valoración da saúde.
Reclamamos a súa inclusión inmediata nas listaxes de grupos de risco e a aplicación dos mesmos criterios de protección.
A igual exposición , idéntica protección.