CCOO ESIXE AO CONCELLO DE SANTIAGO INCREMENTAR MONITORES PARA DAR RESPOSTA A CARGA DE TRABALLO DERIVADO DA COVID-19 NOS COMEDORES DOS CEIPs.

Dende CCOO mantivemos  reunións co concello de Santiago e coa empresa Alimentacion Saudable Galega,  empresa concesesionaria, para adaptar o traballo dos monitores e coordinadores que levan a cabo o servizo dos comedores escolares nos CEIPs  a realidade actual. Nesas reunións se lles deu traslado por escrito da nova realidade do servizo e onde se reflictian as necesidades actuáis a solventar, que pasa polo incremeto de xornada e a contratación de máis monitores. 

CCOO ESIXE AS MESMAS CONDICIÓNS SALARIAIS PARA O PROFESORADO DE REFORZO NOS CENTROS CONCERTADOS QUE PARA O PROFESORADO EN PAGAMENTO DELEGADO

A Consellería de Educación insiste en manter condicións salariais moi inferiores ao resto do profesorado do ensino concertado para o profesorado de reforzo. Un episodio máis de precarización laboral e outro exemplo da escasa consideración que lle merecen as traballadoras e traballadores.

Xuntanza coa Consellería: Axudas aos centros concertados para gastos relacionados co COVID-19

Desde CCOO – ensino, consideramos que esta xuntanza chega moi tarde, sen proporcionarnos previamente a documentación do que se vai abordar, a Consellería segue instalada no formato de rolda de prensa que ven sendo habitual nos últimos anos e carente do carácter deliberativo e de negociación que debería ter polo que non proporciona a ocasión de expor as propostas, dúbidas e discrepancias coas medidas adoitadas.

Dez propostas xerais no ensino concertado ante a tramitación da nova Lei Educativa

A Federación de Ensino de CCOO, ante a reactivación da nova lei educativa, expuxo as seguintes propostas en relación co ensino concertado: Aprobar, en cumprimento do mandato existente dende hai 14 anos polo art. 116.3 de LOE, un novo Real Decreto de concertos educativos que debería negociarse co sector e entrar en vigor durante o curso seguinte á aprobación da lei, … Ler máis

Dez propostas laborais para o ensino concertado

Durante o debate da LOMCE, CCOO expuxo que parte do articulado que regula os módulos de concertos e o pago delegado había quedado obsoleto: non só non responde a moitas demandas dos seus profesionais, senón que dificulta a resolución de moitos problemas laborais. Para a súa solución, CCOO foi presentando ano tras ano unha serie de propostas que contaron co aval do … Ler máis

Propostas para a negociación do VII Convenio do Ensino Concertado

CCOO acudimos á mesa de negociación do VII convenio co propósito de impulsar e participar nunha reforma en profundidade do convenio actual que, máis aló das modificacións por imperativo legal, apenas evolucionou nos aspectos suxeitos á negociación colectiva nos últimos 25 anos.

O convenio tamén é un freo a equiparación que vimos demandando desde hai moitos anos e polo tanto debemos superar os atrancos que xenera.

‌  PREME PARA DESCARGAR EN PDF AS PROPOSTAS