Toda a información da comisión de persoal do 8 de maio de 2026

O 8 de maio de 2026 celebrouse a reunión da comisión de persoal ordinaria na que, ademais da aprobación das actas de reunións anteriores, se trataron os seguintes puntos da orde do día:

1.- Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo C1, escala técnica de condución.

Neste caso o noso voto foi EN CONTRA porque, a pesar de que nos últimos anos se publicaron diversas convocatorias ao abeiro da Lei 20/21, coas mesmas non se conseguiu que todo o persoal interino puidese acadar a súa estabilización nos seus postos de traballo porque non se aceptou o concurso-oposición como sistema selectivo. Ademais tampouco se aceptaron as nosas alegacións relativas que a promoción interna se realizase de forma separada e tampouco se recolleu a nosa petición relativa á ampliación dos prazos para a realización dos exercicios. A todo isto hai que engadirlle que tamén se desbotou a petición que fixemos para que se volva ao modelo da convocatoria anterior do ano anterior con probas obxectivas, xa que nesta convocatoria se incluíron exercicios de carácter eliminatorio como cumprimentar un parte amistoso, conducir vehículos híbridos e eléctricos e tamén outro de condución segura. Como alternativa ao sinalado no parágrafo anterior, propuxemos a incorporación, unha vez superados os exames, dun curso de formación de vehículos de híbridos e eléctricos e de condución segura pero sen que tivera carácter eliminatorio. Pero non foi aceptado por parte da Administración.

2.- Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo C1, escala técnica de mantemento de servizos.

3.- Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo C2, escala auxiliar de condución segura.

4.- Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo C2, escala auxiliar de mantemento.

Nestes tres puntos votamos EN CONTRA porque non se tiveron en conta as nosas alegacións relativas a que o sistema selectivo fose o de concurso-oposición, a ampliación dos prazos de realización dos exercicios e tamén que a promoción interna se realizase de xeito separado do acceso libre.