Instrucións para a elección de destino dos procesos selectivos

Persoal de apoio educativo (PAE).

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder desde a páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino).

Se accedemos á páxina de Función Pública da Xunta de Galicia desde Google:

Prememos en Procesos selectivos:

E en Elección de destino:

E, finalmente, en Acceder ao sistema de elección de destino:

Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia» e «Escoller posto».

Unha vez seleccionada a opción, deberá pulsar o botón «Actualizar».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberá presentala por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición cuarta.

A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo da categoría á que accede. A devandita exclusión non suporá dereito a indemnización.

O seu lugar será ocupado pola seguinte persoa aspirante, consonte a orde de prelación derivada das puntuacións do proceso selectivo.

2º. Se escolleu a opción «Escollo posto», deberá ordenar tantos postos como indique a súa posición de elección no proceso xeral.

Para facilitar a ordenación, a aplicación permite organizar os postos por varios criterios. Recomendamos ordenar por concellos. Para isto, introduza, separados por comas e na orde de preferencia, os códigos dos concellos nos que queira priorizar os postos. Pode consultar aquí o PDF cos códigos de todos os concellos. Por exemplo, 15770,15020,15810 priorizaría Santiago de Compostela, Ames e Teo, por esa orde.

Unha vez introducidos os códigos, prema en «Ordenar». Despois poderá seguir modificando a orde dos postos individualmente segundo as súas preferencias.

  • Os postos ordénanse dun en un. Para iso, buscará o código que desexa ordenar, introducirá a posición na que desexa colocalo no cadro de texto que figura no posto e pulsará o botón coa imaxe das frechas situado á dereita do cadro de texto. O posto cambiará inmediatamente á posición indicada. Repetirá esta operación tantas veces como desexe.
  • Ordene as prazas segundo a súa preferencia, colocando primeiro as de maior preferencia.
  • A súa preferencia de elección será a que teña almacenada o último día, na hora de peche do prazo de elección.
  • Cada cambio que faga quedará gravado automaticamente na aplicación ao pechala. Se sae e entra de novo, o sistema mostraralle a última información introducida. Non existe ningunha pestana para gravar, aceptar ou continuar.
  • En calquera momento poderá imprimir un documento coa súa elección mediante a opción «Xerar PDF».

Neste punto, lémbrase que deberán permanecer en servizo activo na devandita categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de que se lles conceda unha excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.