CCOO logra desbloquear a xubilación parcial do persoal laboral das administracións públicas

O Real decreto-lei aprobado polo Goberno permitirá recuperar a xubilación parcial para o persoal laboral das administracións públicas, tamén no ámbito educativo: universidades, persoal de apoio educativo e profesorado de Relixión.

Análise xurídica da sentenza do Tribunal Supremo sobre abuso de temporalidade no persoal laboral

Análise da STS 475/2026 sobre abuso da temporalidade no persoal laboral das administracións públicas. A sentenza non afecta ao persoal funcionario interino nin implica a fixeza automática: limita esta posibilidade a supostos moi concretos e abre a vía á indemnización polo abuso cando non proceda declarar a fixeza.

Urximos o Goberno a aprobar xa a xubilación parcial do persoal laboral nas Administracións públicas

Desde CCOO urximos o Goberno a aprobar de inmediato a xubilación parcial do persoal laboral nas Administracións públicas e o resto de medidas xa pactadas no diálogo social. Defendemos que tamén se inclúan melloras na pensión de viuvez das parellas de feito e avances na xestión da incapacidade temporal, mentres continúan negociándose as cuestións aínda pendentes.