Urximos o Goberno a aprobar xa a xubilación parcial do persoal laboral nas Administracións públicas

Desde CCOO urximos o Goberno a aprobar de inmediato a xubilación parcial do persoal laboral nas Administracións públicas e o resto de medidas xa pactadas no diálogo social. Defendemos que tamén se inclúan melloras na pensión de viuvez das parellas de feito e avances na xestión da incapacidade temporal, mentres continúan negociándose as cuestións aínda pendentes.

Desde CCOO rexeitamos as noticias enganosas sobre pensións, que levan décadas fallando nas súas predicións

As Comisións Obreiras chamamos a atención sobre o risco de promover e difundir informes alarmistas sobre a situación do sistema de pensións, baseados en formulacións técnicas abertamente parciais. Este tipo de noticias alimentan o relato do conflito interxeracional que, en realidade, só buscan xustificar recortes de dereitos.

O Acordo de diálogo social mellora a xubilación parcial e a calidade do emprego das persoas remudistas

O acordo formalizado hoxe por CCOO, UGT, CEOE, CEPYME e o Ministerio de Seguridade Social culmina a reforma de pensións iniciada en 2021 cunha lexislación mellorada do modelo de xubilación gradual e flexible, recoñecendo máis dereitos de xubilación parcial, un novo regulamento para a xubilación anticipada por traballos penosos e novos incentivos para a compatibilidade de traballo e pensión. Ademais das relativas a pensións, o acordo incorpora medidas como a recuperación do coeficiente multiplicador do 1,5 para mellorar os períodos de cotización das persoas con contrato fixo-descontinuo, entre outras materias.