Información da Xefatura Territorial
Toma de posesión de persoal auxiliar coidador/a na provincia de Pontevedra
Os prazos contan desde o 31 de agosto, que é o día de cese.
As tomas de posesión serán no centro de traballo.
Persoal procedente de concurso de traslados e de destino provisional:
- 3 días hábiles sen cambio de residencia.
- 7 días hábiles se hai cambio de residencia.
- Para aquelas persoas que estean de vacacións ou en situación de IT, o prazo comezará a contar a partir do día de remate das vacacións ou da alta da IT.
- En situación de maternidade, si poden tomar posesión.
Documentación se proceden doutra consellería:
- DNI.
- Tarxeta da Seguridade Social.
- IBAN.
- Certificado negativo de delitos de natureza sexual.
Persoal procedente de OPE de acceso libre (concurso ou concurso-oposición):
- 15 días naturais.
- Para aquelas persoas que estean de vacacións ou en situación de IT, o prazo comezará a contar a partir do día de remate das vacacións ou da alta da IT.
- En situación de maternidade, si poden tomar posesión.
- Aquelas persoas que estean traballando en Educación na provincia de Pontevedra deberán presentar só o DNI e o certificado negativo de delitos de natureza sexual actualizado.
- Aquelas persoas que procedan doutra provincia ou doutra consellería deberán presentar: DNI, tarxeta da Seguridade Social, IBAN, certificado negativo de delitos de natureza sexual, título e CELGA.
⚠️ OLLO! Hai que ter en conta que aquelas persoas que non tomen posesión, se hai cese e quedan días no medio, terían que acudir ao SEPE (antigo INEM) para cobrar.
⚠️ OLLO! O certificado negativo de delitos de natureza sexual deberá estar actualizado.

