Información da Xefatura Territorial
Toma de posesión de persoal auxiliar coidador/a na provincia de Lugo
Segundo a Resolución publicada no DOG do 7 de agosto de 2026, o prazo para a toma de posesión comeza o 1 de setembro de 2026.
A toma de posesión realizarase no Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, na Sección de Persoal Non Docente, situada na Ronda da Muralla, 70, 2º andar, Lugo.
O día da toma de posesión, que será tamén o primeiro día de traballo, haberá que acudir a partir das 9:00 horas. Unha vez asinada a toma de posesión, a persoa deberá dirixirse ao seu centro de destino.
Persoal procedente de concurso de traslados
Para realizar a toma de posesión deberá achegarse a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia da titulación mínima esixida para o posto.
- Certificado de delitos de natureza sexual para persoas físicas, actualizado á data máis próxima posible ao día da toma de posesión.
- A documentación remitida pola Administración, cuberta e asinada coa data na que se tome posesión do posto adxudicado.
Persoal procedente dos procesos da Lei 20/2021
O prazo para a toma de posesión comeza igualmente o 1 de setembro de 2026.
No caso de atoparse en situación de incapacidade temporal (IT), o prazo posesorio iniciarase a partir da correspondente alta.
Para realizar a toma de posesión deberá achegarse a seguinte documentación:
- Renuncia por escrito, asinada coa data de cese, ao posto que se viña desempeñando, para poder cesar nel e tomar posesión do posto adxudicado.
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia da titulación mínima esixida para o posto.
- Certificado de delitos de natureza sexual para persoas físicas, actualizado á data máis próxima posible ao día da toma de posesión.
- A documentación remitida pola Administración, cuberta e asinada coa data na que se tome posesión do posto adxudicado.
No caso do persoal incluído no proceso de estabilización, os efectos económicos coincidirán coa data de toma de posesión.

