A suba ao A1, as xubilacións, a burocracia, o acceso, o ingreso e a sobrecarga de traballo están entre elas.
No informe do relatorio elaborado na Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado onte, sobre o anteproxecto de Lei de xornada e ratios, recóllese a necesidade de engadir melloras importantes nas condicións laborais e de recoñecemento do profesorado, propostas por CCOO.
Entre outras cuestións, o informe expón ao Ministerio de Educación:
- Maiores reducións horarias na xornada do profesorado e asegurar a dotación de todos os recursos necesarios.
- Contabilizar a efectos de ratios e recursos ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Completar a norma con outras medidas para o profesorado: A1 e suba de nivel, xubilación específica docente anticipada e gratificada, regulación da saúde laboral docente con atención aos riscos psicosociais, redución da burocracia e a sobrecarga de traballo, e revisión dos procesos de ingreso e acceso.
Este informe é o que se someterá ao Pleno do Consello Escolar, que se celebrará o 22 de decembro, onde CCOO seguirá tentando mellorar as medidas, tamén seguiremos presionando na Mesa Sectorial que se convocará rematado o trámite do Consello Escolar.
