Matricúlate na pública: calidade sen deixar a ninguén atrás

Desde CCOO Ensino queremos máis educación pública para garantir o dereito a unha formación con calidade, inclusión, coeducación e democracia.

A educación é un dereito de cidadanía que debe ser garantido polos poderes públicos. Este dereito recoñeceuse na Declaración dos Dereitos Humanos de 1948, no artigo 26, e obriga os gobernos a protexer e facer efectivo este dereito. Na Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas de 1989 menciónase nos artigos 28 e 29. Este dereito asegura a emancipación de todas as persoas, a igualdade de oportunidades, a cohesión social e a educación ao longo e ancho da vida.

A calidade da educación pública baseada no seguinte:

  • na construción colectiva de proxectos educativos;
  • na participación e a democracia;
  • na atención a calquera problema ou dificultade con garantías e recursos;
  • no alumnado e non no custo-beneficio;
  • na gratuidade, sen cotas «voluntarias».

A escola pública é a de todos e todas, a de sempre, a que acolle, na que a participación fai parte da súa esencia e na que o pensamento crítico e unha formación sólida son as súas apostas.