Resumo da Mesa Sectorial estatal sobre o Anteproxecto de Lei de Xornada e Ratios

A Mesa Sectorial estatal sobre o anteproxecto de lei de xornada e ratios rematou sen cambios de fondo respecto do xa coñecido nos grupos de traballo.

A proposta recolle avances como a baixada progresiva de ratios, a redución da xornada lectiva máxima e a contabilización dobre do alumnado con NEE, pero desde CCOO consideramos que segue sendo insuficiente.

Reclamamos que tamén conte dobre todo o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, unha aplicación máis rápida da baixada de ratios, máis recursos de orientación e apoio especialista, e medidas urxentes para mellorar as condicións laborais do profesorado.