Folga xeral do 11 de novembro

Pola dignidade das persoas traballadoras: salarios, vivenda e defensa da universidade pública Estimadas compañeiras e estimados compañeiros, Desde CCOO queremos trasladarvos os motivos polos que apoiamos e convocamos á participación na Folga Xeral e nas manifestacións do próximo 11 de novembro. A convocatoria responde á necesidade de dar unha resposta colectiva, tamén por parte do persoal da USC, á perda … Ler máis

Categorías USC
Fonte: Santi Alvite. USC.

CCOO asinamos o acordo que recupera a xubilación parcial anticipada do PTXAS laboral da USC

CCOO asinamos o acordo que recupera a xubilación parcial anticipada do PTXAS laboral fixo da USC. O persoal poderá acceder a esta modalidade ata tres anos antes da idade ordinaria de xubilación, cunha redución de xornada de ata o 75 %.

EN MARCHA AS NOTIFICACIÓNS DA CARREIRA 2026 

➡️ A USC comezou finalmente a remitir, a través da sede electrónica, as resolucións individualizadas da convocatoria de Carreira Horizontal 2026 para o persoal PTXAS funcionario e laboral de Capítulo I ✅ A esta convocatoria podíanse acoller tanto as persoas non o solicitaron anteriormente como as que en 2025 cumpriron os requisitos para acceder a un novo grao na súa carreira … Ler máis

Categorías USC

CCOO-USC SOLICITA INFORMACIÓN DETALLADA SOBRE A EXECUCIÓN DOS ORZAMENTOS DESTINADOS AO PERSOAL

Desde CCOO-USC vimos de solicitar á Xerencia información detallada sobre a execución orzamentaria das partidas destinadas ás accións e plans de mellora, recollidas nos orzamentos dos exercicios de 2025 e 2026. Esta iniciativa de CC.OO ten como finalidade coñecer o grao real de execución e o destino efectivo dos fondos comprometidos, ante os reparos que se están a poñer ao … Ler máis

Categorías USC

📢 IMPORTANTE: RECOÑECEMENTO DE TRIENIOS DO PERSOAL INVESTIGADOR

A partir do 1 de outubro de 2026, a USC realizará de oficio o recoñecemento dos novos trienios ao persoal que xa teña recoñecido o primeiro, e cumpra os requisitos para perfeccionar o seguinte, sen necesidade de presentar solicitude. ✅ Os trienios recoñecidos incorporaranse á nómina con efectos económicos desde o 1 de novembro de 2026. 📌 Só será necesario presentar solicitude nos seguintes … Ler máis

Categorías USC

CCOO LOGRA POR FIN O DESBLOQUEO DA XUBILACIÓN PARCIAL PARA O PERSOAL LABORAL

O Goberno aprobou este luns 29 de xuño un Real decreto-Lei negociado con CC.OO que permite recuperar a xubilación parcial do persoal laboral das administracións públicas, poñendo fin a máis dun ano de bloqueo que impedía o acceso a este dereito a milleiros de traballadoras e traballadores do sector público.  Esta medida afecta a un colectivo de arredor de 700.000 … Ler máis

Categorías USC

PUBLICADA NA SEDE ELECTRÓNICA A CONVOCATORIA DE 2026 DA CARREIRA HORIZONTAL 

O taboleiro electrónico da USC vén de publicar o pasado venres 12 a Resolución reitoral pola que se convoca o Proceso de encadramento e acceso aos graos da carreira profesional horizontal do persoal PTXAS, anualidade 2026.  Trátase da 2ª convocatoria do acordo asinado por CC.OO en decembro de 2024 e que veu a significar un avance decisivo na mellora das condicións … Ler máis

Categorías USC