EN MARCHA AS NOTIFICACIÓNS DA CARREIRA 2026 

➡️ A USC comezou finalmente a remitir, a través da sede electrónica, as resolucións individualizadas da convocatoria de Carreira Horizontal 2026 para o persoal PTXAS funcionario e laboral de Capítulo I

✅ A esta convocatoria podíanse acoller tanto as persoas non o solicitaron anteriormente como as que en 2025 cumpriron os requisitos para acceder a un novo grao na súa carreira

💶 Os efectos económicos do recoñecemento serán con data 1 de xaneiro de 2026, co aboamento do 50 % das contías correspondentes, tal e como establece o acordo da Carreira asinado por CCOO

🔴 Agora é responsabilidade da USC facer efectivo o pagamento coa maior axilidade posible; os acordos non poden seguir acumulando atrasos

🔬 No caso do persoal de Capítulo VI, que actualmente só percibe o 10 % das cantidades recoñecidas, agardamos que as notificacións tamén se comecen a recibir nos próximos días, e que os pagamentos se tramiten sen demora

✊ CCOO segue reclamando a convocatoria das mesas de negociación do PTXAS e de Capítulo VI para acordar o incremento progresivo das porcentaxes da Carreira Horizontal ata acadar o 100 %. É necesario avanzar xa na concreción dos prazos para facer realidade este compromiso antes de rematar o ano

Se precisas máis detalles sobre calquera asunto relacionado coa carreira horizontal ponte en contacto con CC.OO, recibirás información certa e fiable

🔔 Subscríbete ao noso canal de WhatsApp! Recibe actualizacións, novidades e contido exclusivo directamente no teu móbil. Agora tamén en Telegram!.

Sección sindical de CC.OO, o poder de cambiar as cousas.