Programa, accións e representantes
- Representantes de CCOO de PAS funcionario
- Programa electoral de CCOO
- Propostas presentadas á Xunta de Persoal
Por unhas condicións de traballo mellores, Plan Plurianual:
Cremos, como se ten demostrado, que a cooperación, a presentación de propostas e a negociación conxunta son a vía para facer avanzar os intereses de todo o PAS da USC.
Con ese fin a nosa estratexia pasa pola reivindicación dun Plan plurianual en materia de persoal no que se ordenen as actuacións a desenvolver no período 2023-2027, continuando coa obriga permanente revisión da RPT das distintas areas, de cara a mellorar a prestación dos servizos e as condicións de traballo.
Este Plan plurianual supón retomar as nosas demandas de mellora que non chegaron a facerse efectivas no anterior mandato; pero que deberán concretarse agora obrigando ao equipo de goberno a facer fronte aos seus compromisos co persoal.
Eixos do Plan Plurianual:
- Completar e consolidar a carreira horizontal
- Continuar desenvolvendo e ampliando a Promoción Interna independente
- Plan de promocións para laborais e funcionarios
- Reordenación da RPT, de prazas e categorías
- Estabilización prazas interinos
- Axilizar os procesos de concurso e de concurso-oposición
- Desenvolver e ampliar novos dereitos
- Actualización do Convenio Colectivo e negociación dun Acordo de condicións de traballo para o conxunto do PAS
Principais propostas para o PAS Funcionario:
As nosas propostas céntranse na defensa do dereito do colectivo á carreira profesional tanto a través dunha oferta de promoción interna xusta e congruente coa realidade da USC como co desenvolvemento da carreira profesional horizontal que nos permita promocionar sen cambiar de posto de traballo.
Ademais, defenderemos a corrección dos agravios comparativos que existen tanto con respecto ao persoal funcionario doutras universidades galegas como dentro da propia USC (subidas de niveis mínimos, equiparación de niveis de responsables de unidade, premio de xubilación…)
- Avanzar na supresión do subgrupo C-2 mediante a promoción a C-1
- Novos procesos de Promoción de C-1 a A-2
- Mellorar os niveis mínimos dos postos base de todos os grupos: A-1/Nivel 25, A-2/Nivel 22, C-1/Nivel 18. Subida nivel Secretarías de departamento
- Implantación concurso de traslados permanente
- Modificar os criterios de comisións de servizo e a súa concesión por unha comisión permanente avaliadora
- Estender ao persoal funcionario a redución da xornada por cesamento progresivo da actividade regulada no convenio para o persoal laboral
- Premio de xubilación tamén para PAS funcionario e Recuperación achegas Fondo de Pensións
Principais propostas para o PAS Interino:
Este colectivo precario que actualmente é do 25% da RPT ten que ter unhas convocatorias axeitadas de estabilización, acordes ás funcións que veñen desempeñando e co recoñecemento máximo dos seus méritos por antigüidade. Debemos facer realidade as Convocatorias de Estabilización de Interinos na USC para cumprir as leis actuais (por debaixo do 7%).
É moi importante para CC.OO. que non se perda esta nova oportunidade de consolidación, xa que facilitará avanzar outros temas.
- Completar e culminar os procesos de estabilización de persoal
- Continuar a recoñecer e manter a valoración da experiencia e o tempo traballado no acceso aos postos a convocar nos próximos anos
- Realización de accións formativas previas que desenvolvan os temarios, con controis precisos e probas adecuadas ás tarefas
- Fomentar a permanencia nas listas de agarda
- Loitar pola pronta reposición e contratación de baixas e postos vacantes