Programa, accións e representantes
Por unhas condicións de traballo mellores, Plan Plurianual:
Cremos, como se ten demostrado, que a cooperación, a presentación de propostas e a negociación conxunta son a vía para facer avanzar os intereses de todo o PAS da USC.
Con ese fin a nosa estratexia pasa pola reivindicación dun Plan plurianual en materia de persoal no que se ordenen as actuacións a desenvolver no período 2023-2027, continuando coa obriga permanente revisión da RPT das distintas areas, de cara a mellorar a prestación dos servizos e as condicións de traballo.
Este Plan plurianual supón retomar as nosas demandas de mellora que non chegaron a facerse efectivas no anterior mandato; pero que deberán concretarse agora obrigando ao equipo de goberno a facer fronte aos seus compromisos co persoal.
Eixos do Plan Plurianual:
- Completar e consolidar a carreira horizontal
- Continuar desenvolvendo e ampliando a Promoción Interna independente
- Plan de promocións para laborais e funcionarios
- Reordenación da RPT, de prazas e categorías
- Estabilización prazas interinos
- Axilizar os procesos de concurso e de concurso-oposición
- Desenvolver e ampliar novos dereitos
- Actualización do Convenio Colectivo e negociación dun Acordo de condicións de traballo para o conxunto do PAS
Principais propostas para o PAS Laboral:
As nosas propostas con respecto ao persoal laboral céntranse na defensa do dereito do colectivo á carreira profesional tanto a través de promocións internas, novas dotacións e recualificacións como co desenvolvemento da carreira profesional horizontal que nos permita promocionar sen cambiar de posto de traballo.
- Reestruturar o grupo III, deixando só dous niveis non singularizados (III-1 e III-2), igual que ocorre nos demais grupos
- Avanzar na supresión do Grupo IV-1, mediante novos procesos de promoción interna independente a grupo III nas distintas categorías
- Avanzar na promoción interna independente dende o grupo III a grupo II, con titulación de Técnico Superior de FP ou equivalente
- Promoción dende o grupo II a grupo I para as categorías nas que se esixe titulación actualmente equivalente ao grao
- Creación de novos postos singularizados e revisión dos actuais
- Mellora salarial dos pluses ou complementos referidos á xornada
- Regulación do acceso a funcións de categoría superior
- Desenvolver as prórrogas anuais do Acordo de xubilación parcial como mínimo ata 2027
- Adaptación da xubilación anticipada ás novas esixencias da Seguridade Social e Recuperación das achegas ao Fondo de Pensións
Principais propostas para o PAS Interino:
Este colectivo precario que actualmente é do 25% da RPT ten que ter unhas convocatorias axeitadas de estabilización, acordes ás funcións que veñen desempeñando e co recoñecemento máximo dos seus méritos por antigüidade. Debemos facer realidade as Convocatorias de Estabilización de Interinos na USC para cumprir as leis actuais (por debaixo do 7%).
É moi importante para CC.OO. que non se perda esta nova oportunidade de consolidación, xa que facilitará avanzar outros temas.
- Completar e culminar os procesos de estabilización de persoal
- Continuar a recoñecer e manter a valoración da experiencia e o tempo traballado no acceso aos postos a convocar nos próximos anos
- Realización de accións formativas previas que desenvolvan os temarios, con controis precisos e probas adecuadas ás tarefas
- Fomentar a permanencia nas listas de agarda
- Loitar pola pronta reposición e contratación de baixas e postos vacantes