CC.OO CHAMA A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS DO 1º DE MAIO

Este 1º de Maio de 2026, desde  a Sección sindical de CCOO na USC, chamamos ao PDI, PTXAS e Persoal investigador a mobilizarse baixo o lema:  Dereitos, non trincheiras. Salarios, vivenda e democracia. Nun contexto internacional marcado pola guerra, a inestabilidade e o avance de proxectos autoritarios, e nun contexto estatal no que a desigualdade segue medrando, a universidade pública non é allea aos problemas da … Ler máis

Categorías USC

Guía de vacacións, permisos e licenzas 2026

Publicamos a guía de vacacións, permisos e licenzas de 2026 elaborada por CC.OO. da USC Como todos estes anos dende CCOO da USC ofrecemos a todo/as os/as traballadores/as da USC un resumo das instruccións de Xerencia relativas a vacacións, permisos e licenzas para ter unha guía de referencia á hora de saber os nosos dereitos Podes descargala ou imprimila, para … Ler máis

Categorías USC

Acta da comisión de seguimento da carreira horizontal

Unha vez asinada, compartimos por aquí a Acta da reunión da Comisión de seguimento do Acordo da carreira do persoal laboral e funcionario de  Capítulo I, na que se aprobou o pago do 2º tramo da Carreira previsto para 2025 e que acadará así o 50% do total das retribucións por este concepto, ao engadirse un 10% adicional neste segundo … Ler máis

Categorías USC

COA NÓMINA DE XANEIRO O PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO EMPEZARÁ A PERCIBIR TAMÉN O PAGAMENTO POR CARREIRA HORIZONTAL 

O desenvolvemento da carreira horizontal, tamén para o persoal investigador e de apoio á investigación, xunto coa estabilización como persoal fixo dos contratos máis antigos e o desenvolvemento da contratación indefinida foron, nestes últimos anos, algúns do principais obxectivos da sección sindical de CC.OO na USC.  Agora, unha vez que xa se superaron todos os trámites e notificacións individualizadas, podemos confirmar que o … Ler máis

Categorías USC

A COMISIÓN DE SEGUIMENTO APROBA O PAGO DUN NOVO TRAMO DA CARREIRA HORIZONTAL, TAMÉN CON EFECTOS DE 2025

A carreira horizontal xunto co desenvolvemento e posta en marcha da promoción interna independente e a redución da temporalidade, favorecendo o acceso a persoal funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo, foi nestes anos un dos principais obxectivos da sección sindical de CC.OO na USC. En todos estes temas téñense producido avances importantes para o persoal da USC, todos eles … Ler máis

Categorías USC

Publicado o Calendario Laboral da USC para 2026

Coma todos os anos, a sección sindical de CCOO da USC publicamos o novo calendario laboral para este ano 2026 No calendario contémplanse os días festivos estatais, da comunidade autónoma, os locais de Santiago e Lugo e os festivos propios da USC.Calendario laboral baseado na instrución de xerencia relativa ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do PAS para … Ler máis

Categorías USC