COA NÓMINA DE XANEIRO O PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO EMPEZARÁ A PERCIBIR TAMÉN O PAGAMENTO POR CARREIRA HORIZONTAL 

O desenvolvemento da carreira horizontal, tamén para o persoal investigador e de apoio á investigación, xunto coa estabilización como persoal fixo dos contratos máis antigos e o desenvolvemento da contratación indefinida foron, nestes últimos anos, algúns do principais obxectivos da sección sindical de CC.OO na USC. 

Agora, unha vez que xa se superaron todos os trámites e notificacións individualizadas, podemos confirmar que o Persoal Investigador e de Apoio á Investigación da USC comezará a percibir xa coa nómina deste mes de xaneiro as retribucións derivadas do acordo sobre o proceso extraordinario de encadramento e acceso aos graos da carreira profesional horizontal. 

O acordo non foi fácil e as resistencias foron moitas. Na negociación coa USC, levada a cabo principalmente por CC.OO e a xerencia da USC, houbo que recorrer un longo proceso dende que se aprobara no claustro a emenda presentada polos membros do claustro agrupados na candidatura CUPAS aos orzamentos da USC. Nese proceso os delegados e delegadas de CC.OO que forman parte do persoal investigador e de apoio á investigación realizaron un gran esforzo, case sempre en solitario, na achega e discusión coa xerencia da USC de propostas e alternativas que o fixeran viable.

Con este pagamento, confírmase que somos a primeira e polo momento única universidade na que se implanta e desenvolve a carreira horizontal, tamén para o Persoal Investigador e de Apoio á Investigación. O importe a percibir este mes de xaneiro inclúe os atrasos dende 1 de xaneiro de 2025, correspondentes ao 10% das seguintes contías de referencia anuais segundo o grupo profesional:  

Deste xeito as persoas con catro graos recoñecidos, multiplicarán por catro esa cantidade de referencia anual. Se teñen 18 multiplicarán por 3; e se teñen 12 anos por dous. 

O pago do 10% do total das contías resultantes ten carácter consolidado e actualizado a partir de agora nas retribucións mensuais; polo que tamén lle será aplicado o incremento acordado recentemente por CC.OO e outros sindicatos co Goberno para todas as persoas do sector público, que se fará efectivo na USC a partir do mes de febreiro segundo os plans anunciados por xerencia aos sindicatos en decembro.

En 2026 e nas sucesivas anualidades deberán negociarse, no marco da Comisión de Seguimento do Acordo, os incrementos na porcentaxe a retribuír ata acadar o 100%; pero partindo xa desta base consolidada do 10% que se ingresará agora coa nómina deste mes de xaneiro.