CCOO SUSCRIBE O ACORDO DE MELLORA DE CONDICIÓNS NO EMPREGO PÚBLICO

O Consello Confederal de Comisións Obreiras, reunido este martes, acordou definitivamente dar o seu respaldo ao Acordo Marco pola Mellora do Emprego Público e o Servizo á Cidadanía, quedando pendente agora de realizar o acto formal de firma xunto ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública. O Consello Confederal do sindicato destacou o papel relevante xogado por CCOO na negociación deste novo acordo, … Ler máis

Categorías USC

MAIS DE 730 PERSOAS DO PAS LABORAL E FUNCIONARIO DA USC RECIBIRÁN 400 EUROS NO SEU PLAN DE PENSIÓNS ESTE MES DE DECEMBRO

A xerencia da USC confirmou esta semana que no mes de decembro realizará as achegas ao Plan de pensións do PTXAS laboral e funcionario. Segundo se indica no informe remitido pola xerencia, as aportacións correspondentes a ese ano 2025 acadarán un importe de 400,76 € para cada un dos partícipes, que se ingresarán o próximo mes de decembro. A achega destas cantidades prodúcese … Ler máis

Categorías USC

25N: UN PASO ADIANTE POR ESPAZOS LABORAIS LIBRES DE VIOLENCIAS MACHISTAS

Fronte ás violencias contra as mulleres e ante un novo 25N, dende CCOO reiteramos, tamén na USC, o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento ás traballadoras e os traballadores e ao conxunto da cidadanía para combatelas ata a súa total eliminación, tanto dos centros de traballo como do conxunto da … Ler máis

CCOO TACHA DE OFENSIVA A OFERTA DE SUBA SALARIAL DO GOBERNO PARA AS EMPREGADAS E EMPREGADOS PÚBLICOS

Para o sindicato, a proposta do Executivo debe ser máis ambiciosa ou a folga xeral en decembro será unha realidade A proposta de suba salarial que presentou o Goberno na reunión que tivo lugar este mércores, 19 de novembro, no Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, é dun 10 % para o período 2025-2028. Este incremento é de … Ler máis

Categorías USC

EN MARCHA A NOVA NOTIFICACIÓN DOS ENCADRAMENTOS NA CARREIRA HORIZONTAL 

O persoal da USC comezou a recibir hoxe, a través da sede electrónica, as novas notificacións individualizadas polas que se resolve o encadramento do PTXAS funcionario e laboral de capitulo I nos graos da carreira horizontal. Esta nova notificación ten a finalidade de corrixir os fallos e erros de interpretación das notificacións recibidas a principios de xullo, que como se recordará quedaron … Ler máis

Categorías USC

O XOVES 30 DE OUTUBRO PROTESTAS EN TODA ESPAÑA CON CONCENTRACIÓNS FRONTE ÁS SUBDELEGACIÓNS DO GOBERNO 

CCOO e outros sindicatos convocarán folga en decembro se o Goberno segue sen negociar a subida salarial.  CCOO, UGT e CSIF inician un calendario de mobilizacións en toda España en protesta polo bloqueo á a negociación colectiva do Ministerio de Función Pública, que mantén conxeladas as nóminas deste ano e impide un novo acordo salarial, entre outras melloras de condiciones laborais. … Ler máis

Categorías USC

PUBLICADO NO DOG O ACORDO DA CARREIRA HORIZONTAL DO PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO

Hoxe  luns 27 de outubro, publícase no DOG a Resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais pola que se dispón a inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon) do acordo asinado o pasado 17 de setembro por CC.OO e outros sindicatos para o desenvolvemento do proceso extraordinario de encadramento e acceso aos graos da carreira … Ler máis

Categorías USC

CCOO PROPÓN MEDIDAS URXENTES PARA DESBLOQUEAR A XUBILACIÓN PARCIAL NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

CCOO continúa realizando accións de presión e negociadoras para exixir solucións inmediatas á situación actual da xubilación parcial e para garantir o cumprimento dos compromisos adquiridos polo Goberno. En decembro de 2024, CCOO, UGT e o Ministerio de Función Pública firmaron un acordo para devolver ao persoal funcionario o dereito á xubilación parcial anticipada que fora eliminado do Estatuto Básico del Empregado … Ler máis

Categorías USC

CONVOCADOS PAROS PARCIAIS O 15 DE OUTUBRO EN SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO

CCOO e UGT convocan paros de dúas horas en cada quenda de traballo este mércores 15 de outubro como mostra de solidariedade co pobo palestino e para esixir o fin do xenocidio perpetrado polo Estado de Israel en Gaza. A Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas (UNRWA) alerta de que a poboación de Gaza está desprazada, sen auga, … Ler máis

Categorías USC

O PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN TAMÉN VERÁ RECOÑECIDO O COMPLEMENTO SALARIAL POR CARREIRA PROFESIONAL HORIZONTAL

O desenvolvemento da carreira horizontal, tamén para o persoal investigador e de apoio á investigación, xunto coa estabilización como persoal fixo dos contratos máis antigos e o desenvolvemento da contratación indefinida foron, dende as últimas eleccións sindicais, algúns do principais obxectivos da sección sindical de CC.OO na USC. Hoxe podemos anunciar que o próximo mércores 17 se procederá á firma oficial do acordo … Ler máis

Categorías USC