CCOO e outros sindicatos convocarán folga en decembro se o Goberno segue sen negociar a subida salarial.
CCOO, UGT e CSIF inician un calendario de mobilizacións en toda España en protesta polo bloqueo á a negociación colectiva do Ministerio de Función Pública, que mantén conxeladas as nóminas deste ano e impide un novo acordo salarial, entre outras melloras de condiciones laborais.
O Goberno utiliza como escusa a falta de Presupostos para conxelar o soldo a preto de tres millóns de empregadas e empregados públicos e bloquear un novo acordo salarial. Porén, esta escusa non se sostén na medida en que recentemente se aprobou por Decreto unha subida das retribucións para o persoal das Forzas Armadas. O Executivo pode subir os salarios aínda que non haxa Presupostos. É unha cuestión de vontade política e de respecto aos empregados e empregadas públicas das distintas administracións deste país.
Baixo o lema “Negociación, subida salarial e mellora dos servizos públicos”, as mobilizacións comezarán este 30 de outubro con concentracións fronte ás subdelegacións do Goberno de toda Españae continuarán cunha gran concentración en novembro en Madrid se se continúa bloqueando a negociación.
No caso de que Función Pública persista nesta actitude, por parte das tres organizacións sindicais anúnciase a convocatoria unha xornada de folga o próximo mes de decembro.
Os problemas das traballadoras e traballadores do ámbito público e os servizos que recibe la cidadanía agrávanse a diario pola inacción do Ministerio para resolver asuntos moi preocupantes, tanto a nivel salarial como en materia de emprego e condicións laborais.
Por conseguinte, CC.OO esixe iniciar a negociación dun novo acordo que permita aplicar a subida salarial deste ano e recuperar poder adquisitivo ao conxunto de empregadas e empregados públicos, mellorar as súas condicións laborais e establecer un plan de emprego que mellore os servizos públicos.

