Acta da comisión de seguimento da carreira horizontal

Unha vez asinada, compartimos por aquí a Acta da reunión da Comisión de seguimento do Acordo da carreira do persoal laboral e funcionario de  Capítulo I, na que se aprobou o pago do 2º tramo da Carreira previsto para 2025 e que acadará así o 50% do total das retribucións por este concepto, ao engadirse un 10% adicional neste segundo tramo.

Como sabedes, dende decembro xa se cobra, como mínimo, o 40% do importe total de todos os graos que cada persoa teña recoñecidos.

Con este 2º tramo, na nómina de abril ese mínimo pasará a ser do 50%, percibíndose os atrasos correspondentes tamén dende xaneiro de 2025. 

A contía a percibir en concepto de carreira, será pois o 50% do resultado de multiplicar o importe que corresponda, para cada grupo profesional, polo número de graos recoñecidos. 

É importante aclarar que as persoas que xa están cobrando por encima do 50% ,non verán modificada as súas contías. Todas as demais, aumentarán a súa nómina ata acadar esa porcentaxe.