CCOO-USC SOLICITA INFORMACIÓN DETALLADA SOBRE A EXECUCIÓN DOS ORZAMENTOS DESTINADOS AO PERSOAL

Desde CCOO-USC vimos de solicitar á Xerencia información detallada sobre a execución orzamentaria das partidas destinadas ás accións e plans de mellora, recollidas nos orzamentos dos exercicios de 2025 e 2026.

Esta iniciativa de CC.OO ten como finalidade coñecer o grao real de execución e o destino efectivo dos fondos comprometidos, ante os reparos que se están a poñer ao inicio da negociación para ampliar as actuais porcentaxes da carreira horizontal, tanto para o persoal de Capítulo I como de Capítulo VI.

En particular, reclamamos información sobre as partidas consignadas no Capítulo I para accións de mellora e plans de persoal:

✅ PTXAS funcionario e laboral: 900.000 € (Partida 8075 3000 12204 CAPÍTULO I do orzamento de 2025 da USC, prorrogado en 2026)

✅ PDI funcionario e laboral: 900.000 € (Partida 8075 3000 12251 CAPÍTULO I do orzamento de 2025, prorrogado en 2026)

Así mesmo, solicitamos o detalle da execución do Capítulo VI, correspondente á partida:

✅ Actuacións en materia de persoal de I+D: 900.000 € (Partida 8075 2400 64000 CAPÍTULO VI do orzamento de 2025, prorrogado en 2026)

📌 CC.OO considera imprescindible coñecer en que situación se atopan estes fondos, que actuacións concretas se financiaron con cargo a estas partidas e cal é o nivel de cumprimento dos compromisos adquiridos pola Universidade.

⏳ Non é aceptable que continúen acumulándose atrasos na execución dos acordos e medidas comprometidas co persoal. A transparencia na xestión dos recursos é unha condición necesaria para garantir o cumprimento efectivo dos compromisos asumidos.

✊ Ademais, desde CCOO-USC reclamamos a negociación do incremento nas porcentaxes de retribución por Carreira Horizontal, e dos seus prazos ata acadar o 100 %; unha reivindicación que levamos defendendo de maneira constante nas distintas Mesas de negociación e órganos de representación do persoal.

Continuaremos esixindo información, transparencia e avances reais nas medidas destinadas á mellora das condicións laborais e profesionais do persoal da USC.