Fonte: Santi Alvite. USC.

CCOO asinamos o acordo que recupera a xubilación parcial anticipada do PTXAS laboral da USC

CCOO asinamos o acordo que recupera a xubilación parcial anticipada do PTXAS laboral fixo da USC. O persoal poderá acceder a esta modalidade ata tres anos antes da idade ordinaria de xubilación, cunha redución de xornada de ata o 75 %.