A túa mellor opción
Cos mellores profesionais e recursos
- As universidades públicas dispoñen de importantes recursos e medios para a docencia, a investigación e a transferencia do coñecemento.
- O seu profesorado imparte a mellor docencia, ao estar vinculada de forma directa coa súa actividade investigadora. A práctica totalidade das figuras dedican a súa actividade profesional de forma exclusiva á docencia e a investigación.
- O persoal técnico, de xestión e de administración e servizos ten unha alta cualificación e especialización.
- Seleccionan con rigor a todo o seu persoal mediante procesos de contratación pública con esixentes criterios de acceso.
Democrática e participativa
- O seu sistema de goberno garante a presenza nos seus órganos de todos os estamentos (profesorado, persoal investigador, alumnado e persoal de administración e servizos), que participan igualmente na súa xestión.
- Teñen unha estrutura democrática que incentiva a participación do alumnado nos diferentes ámbitos da vida universitaria.
- Conta con plans de igualdade, convivencia e contra o acoso nas súas diferentes modalidades (laboral, de xénero, por razón de sexo, etc.) consolidados no tempo.
- En boa parte das universidades públicas aprobáronse códigos éticos.
- Garante a defensa dos dereitos e liberdades do conxunto da comunidade universitaria, mesmo a través de figuras institucionais (Defensoría Universitaria).
Social e academicamente, recoñecida nacional e internacionalmente
- A súa oferta formativa está recoñecida pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e o seu profesorado é acreditado por esta.
- Son títulos oficiais aprobados pola ANECA e recoñecidos internacionalmente, polo que son validables se vas traballar ou continuar a túa formación fóra de España, o que non sempre ocorre coas titulacións das universidades privadas.
- A maioría das universidades públicas manteñen relaciones entre elas e con universidades doutros países formando parte de iniciativas internacionais de cooperación universitaria, polo que ofrecen unha mellor oferta formativa e favorecen a mobilidade do seu alumnado.
- As universidades públicas teñen un prestixio gañado grazas aos seus anos de traxectoria dedicados ao ensino e a investigación. Entre as 50 mellores universidades españolas, case todas son públicas, con especial diferenza en investigación, transferencia do coñecemento, orientación internacional, desenvolvemento rexional, innovación e desenvolvemento tecnolóxico en relación coas privadas.
- A universidade pública é a mellor valorada polo alumnado.
- A súa calidade atrae cada curso académico un maior número de estudantes doutros países.
- En 2025, no «URanking universidades españolas» da Fundación BBVA, 19 das 20 primeiras universidades avaliadas pola súa actividade global e por investigación e innovación son públicas.
Xeradora de progreso e coñecemento socialmente responsable
- A universidade pública é un motor esencial de cambio social, xerador de coñecemento e progreso económico, científico e tecnolóxico.
- Presta un servizo público de calidade.
- É un modelo de universidade autónoma, garante da independencia científica e académica, onde o seu profesorado exerce con liberdade de ensinanza.
- Fomenta a colaboración académica e investigadora, o que beneficia o seu alumnado.
- Finánciase principalmente a través dos orzamento públicos. Por esa razón, estudar nunha universidade pública é economicamente máis accesible (entre tres e vinte veces máis económico) ca nunha privada, que se financia principalmente cos prezos da matrícula, as achegas da familias e doazóns privadas.
- Ofrece unha formación básica, polivalente e crítica, elemento indispensable para acceder a un saber complexo e especializado, co que melloran as capacidades persoais e a empregabilidade, ao se adaptar mellor ás necesidades cambiantes da sociedade.
- A xestión da universidade pública está sometida a controis internos e externos que buscan garantir o cumprimento dos seus obxectivos docentes e de investigación, de xestión e da súa función como servizo público.
E cun valor engadido para a formación profesional e a integración social do seu alumnado
- O seu alumnado realiza prácticas nas empresas públicas e privadas.
- Ofertan o 90 % do mapa de titulacións nacional, o que abre e incrementa as posibilidades de elixir a opción desexada, así como o traslado interno ou cambio de titulación.
- A investigación e xeración de coñecemento é un elemento esencial da súa actividade, o que reverte nunha docencia máis actualizada e na posibilidade de desenvolver unha carreira investigadora.
- Ofrecen unha formación máis ampla en diversas áreas do coñecemento.
- As universidades públicas imparten docencia en distintos idiomas.
- Desenvolven unha ampla política social de bolsas e axudas ao estudo.
- Ofrecen maiores posibilidades ao alumnado para deseñar o seu currículo formativo desde os estudos de grao.
- Están presentes en todas as comunidades autónomas e contribúen ao desenvolvemento social e económico territorial.
- Favorecen o desenvolvemento e a autonomía persoal do alumnado.
- Non existen diferenzas significativas na empregabilidade do alumnado egresado das universidades públicas e as privadas.
Non hai futuro sen universidade pública. Matricúlate, deféndea!





