Esiximos ao Ministerio de Educación a convocatoria dunha Mesa Sectorial estatal para valorar o “Programa de IA para a Educación”

Esiximos a convocatoria dunha Mesa Sectorial para abordar o novo “Programa de IA para a Educación”, anunciado sen consulta previa ao profesorado. Reclamamos transparencia, participación sindical e garantías para evitar nesgos e preservar a equidade, a inclusividade e a calidade do sistema educativo.