O ensino público precisa sumar, non dividir

A realidade sobre a folga do 25 de setembro. O profesorado merece información veraz, unha estratexia clara e non accións illadas.
A única forma de facer presión é evitando os enfrontamentos entre sindicatos e buscando a colaboración para conseguir obxectivos comúns, tal e como se fixo noutros territorios e, non hai moito tempo, tamén na nosa Comunidade.

CCOO Ensino sempre apostou pola unidade de acción de toda a comunidade educativa

A liña de acción sindical de CCOO Ensino pasa por estar sempre dispostas e dispostos a loitar pola mellora do ensino galego e das nosas condicións laborais, en solitario ou desde a unidade de acción, pero sen aceptar imposicións de ningún tipo. DIÁLOGO, COORDINACIÓN E ACCIÓN!